31/7/13

OS PROXECTOS DE TODO O CURSO

E aquí vos deixo por fin o resultado do traballo de todo o curso, os libriños dos tres proxectos nos que estivemos indagando e algún vídeo máis relacionado con estes proxectos:


PROXECTO "O CORPO HUMANO"





PROXECTO "CINE"




PROXECTO "GALICIA"








27/6/13

UNHA FESTIÑA SOBRE TODO DE AGRADECEMENTO

E como colofón final celebramos esta semana unha festa, non de despedida, senón sobre todo de agradecemento hacia todos vós.
Gracias por atender sempre aos meus requerimentos e peticións, por apoiarme sempre e deixar que formara parte da educación dos vosos fillos.
Foi un pracer, voume encantada de coñecer xente tan maravillosa e a uns nenos/as que sempre terei no meu corazón.
Estou segura de que nos veremos moitas veces.
E agora o que toca é...........................DESFRUTAR DO VERÁN E AS VACACIÓNS!!!!!

GRACIASSSSSSSSSSSSSSSSSSS


NON É DESPEDIDA É UNHA FESTA DE AMIZADE on PhotoPeach

FESTA PIRATA EN LARÍN PARA ACABAR O CURSO

E chegou o último día de clase que queríamos compartir cos compañeiros/as das outras unitarias.
Así que organizamos unha festa pirata e a profe Lidia e os nenos/as de Larín decoraron o cole como un auténtico barco pirata.
Pasámolo moi ben e ata tivemos sesión de cine, con entrada e palomitas. Vimos a versión antiga de "Peter Pan".
O peor chegou ao final no momento das despedidas, sen palabras...., con que vexades a última foto o entenderedes.
  Tamén vos deixo un enlace a unhas actividades LIM sobre piratas e cancións de piratas:

UNA DE PIRATAS

SOMOS PIRATAS







 FESTA PIRATA EN LARÍN on PhotoPeach















DIA MOI ESPECIAL: SORPRESA CON FLORES

O xoves foi un día moi especial para min, os nenos/as apareceron na clase cada un cunha rosa. Foi moi emocionante.
Eles pronto se olvidarán porque seguro que estarán xenial coa nova profe, pero eu vounos botar moitísimo de menos.




TALLER DE COCINA: APERITIVO DE MARIQUITA

También la última semana del curso hicimos ya de "chefs" de cocina moderna. Preparamos un aperitivo que luego degustamos en casa.
Fue muy fácil y divertido. Sólo necesitamos: panecillos tostados, queso de untar, tomatitos cherry, aceitunas negras y hojas de lechuga.
Luego lo montamos con mucho cuidado y listo!!!!!
Mientras esperábamos para hacer cada uno su mariquita probamos tomatitos, queso untado en panecillos y cerezas. Todo riquísimo!!!!!!

APERITIVO DE MARIQUITAS on PhotoPeach

XOGOS NO PATIO

A última semana foi máis light en canto a traballo académico pero ben cargada de actividades variadas como xogos e fábrica de pompas de xabón:


ANIVERSARIOS DE PAULA E SAMUEL

Tamén a semana pasada celebramos os cumples de Paula e Samuel. Eles cumplen no verán pero lles gustaba ter a súa celebración de cumple cos compañeiros/as do cole:

¡¡¡¡FELICIADES!!!!




PERIODO DE ADAPTACIÓN NENAS 3 ANOS

A semana pasada tivemos a visita de Estela, Eva, Lucía e Shaila. Son as catro nenas de 3 anos que entrarán no próximo curso.
Fixeron dous días un primeiro contacto coa escola e os compañeiros/as:


PERIODO DE ADAPTACIÓN NENAS 3 ANOS on PhotoPeach

19/6/13

VALORES DE FUTURO: BBVA

Hoy tuvimos la visita de Miguel, un empleado de banca del BBVA.
Esta actividad pertenece al programa "Valores de futuro", patrocinado por dicha entidad bancaria.
La actividad de hoy consistía en aprender y comprender el significado de tener una "paga semanal" y que con ella, cuando seamos más mayores, podremos hacer 2 cosas importantes: COMPRAR Y AHORRAR.

El dinero y todo lo que lo rodea son conceptos de los que les cuesta tener conciencia, pero involucrándolos en nuestras compras y situaciones en las que manejamos dinero hacen que vayan comprendiendo algo más por ellos mismos.

Hicimos un juego en dos equipos en el que tuvimos que organizar actividades para toda una semana con sólo 10€.



17/6/13

TRABALLOS PARA REMATAR ESTE 3º TRIMESTRE

Estivemos inmersos estes días en traballos para encadernas as nosas fichas do trimestre.

 Fixemos a bolsa onde levaremos os nosos traballos:


 
Fixemos a portada para as fichas do 3º trimestre:


e fixemos a nosa obra de arte de primavera baseada na obra da artista Mª Luisa Palomo co mesmo título desta estación:



E as camisetas que levaremos como recordo:





E incluso fixemos de forma individual á nosa mascota da biblioteca "Paco o rato":










XUNTANZA FIN DE CURSO RORÍS, LARÍN E LAGOA

O pasado domingo 16 de xuño tivemos a Xuntanza de fin de curso as tres escolas na área recreativa de Barreiros en Monteagudo.
Participamos toda a comunidade educativa das tres escolas.
Houbo un hinchable para os nenos/as e unha monitora para facer xogos, globoflexia e maquillaxe.
Comemos, xogamos e charlamos ata que a choiva nos deixou.
Foi unha xornada moi agradable e amena, unha boa forma de activar a convivencia das escolas.


XUNTANZA FIN DE CURSO RORIS LARÍN LAGOA on PhotoPeach

13/6/13

GRADUACIÓN PAULA, NAYARA E ALEJANDRO

Onte, mércores 12 de xuño, celebramos a Graduación dos alumnos/as que rematan 2º EP. Tras 5 anos na escola de Rorís marchan para seguir os seus estudos para o CEIP Ponte dos Brozos. Desexámoslles que todo alí lles vaia moi ben, pero sobre todo que traballen, que sexan bos compañeiros/as, que escoiten, que se divirtan, que fagan moitos amigos pero que non se olviden dos que deixan en Rorís.
Moitos bicos de todos e ¡¡¡¡felicidades!!!!


GRADUACIÓN ALUMNOS/AS 2º EP CURSO 2.012-2.013 on PhotoPeach

11/6/13

RODAXE DA PELÍCULA "ROSA CARAMELO"

Hoxe fixemos a rodaxe do guión que adaptamos do libro "Rosa Caramelo".
Primeiro fixemos un taller no que participaron dúas mamás para facer detalles dos decorados e vestiario: fixemos as anémonas e peonias e as caretas de elefantes/as.

Logo a irmán da profe, Lucía, grabou as distintas escenas e o sonido. Agora lle queda un duro traballo de montaxe. ¡¡Gracias Lu!!




RODAXE ROSA CARAMELO on PhotoPeach

EXCURSIÓN FIN DE CURSO "SANTIAGO DE COMPOSTELA"

O pasado xoves 6 de xuño fixemos a nosa excursión de fin de curso cos nosos compañeiros/as das escolas de Larín e Lagoa.
Era o remate final para o noso proxecto de Galicia, visitar a capital galega, Santiago de Compostela.

Visitamos o Museo do pobo galego, onde vimos como era a vida dos nosos antepasados galegos, como vivían, como vestían, as festas, utensilios de traballo, música..... Paga a pena visitalo.
Logo fixemos unha visita no tren turístico por Santiago para ter unha idea xeral de como é a cidade.
Visitamos a catedral e comemos na Alameda onde vimos a estatua das "Marías".


EXCURSIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA on PhotoPeach

GRADUACIÓN ALUMNOS/AS DE 2º EP

Hoxe, mércores 12 de xuño imos facer unha festa de despedida e graduación dos nenos/as de 2º EP que o vindeiro curso estarán no CEIP Ponte dos Brozos. Xa son maiores e xa van a estar en 3ºEP.
Como despedida prepareilles un vídeos con recordos do seu paso pola escola nestos 5 anos.


O NOSO PASO POLA ESCOLA DE RORÍS Educación Infantil on PhotoPeach


O NOSO PASO POLA ESCOLA DE RORIS 1º EP on PhotoPeach


O NOSO PASO POLA ESCOLA DE RORIS 2º EP on PhotoPeach

4/6/13

GRATUIDADE SOLIDARIA: CURSO 2013-2014

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.

Esta orde afecta aos nenos/as que o próximo curso estén en 1º EP e 2º EP na EEI Rorís.

O prazo de presentación de solicitudes é do 3 de xuño de 2013 ao 3 de xullo de 2013, ambos incluidos. Pasade polo cole para recoller o impreso a cubrir.

Aquí tedes o enlace á páxina web da Xunta con toda a información.

GRATUIDADE SOLIDARIA

2/6/13

LIBRO DE LA SEMANA: El Grúfalo

La semana pasada Paco o Rato nos dejó un libro fantástico "El Grúfalo", que a todos nos gustó un montón.
Durante esta semana seguiremos trabajando y haciendo actividades sobre él.

Aquí dejo varios enlaces con actividades sobre el cuento:

ACTIVIDADES EL GRUFALO

ACTIVIDAD LIM EL GRUFALO


y aquí os dejo también el cuento:



29/5/13

ALFOMBRA FLORAL EN RORÍS

 Como colofón final do noso proxecto de Galicia quixemos emular unha das tradicións típicas destas datas en lugares da nosa Comunidade como Ponteareas (Pontevedra) ou Ares (A Coruña).
As familias nos foron enviando pétalos de flores e follas durante esta semana e algunhas mamás participaron tamén na elaboración.
Foi unha actividade espectacular, os nenos e nenas, profes e mamás desfrutamos un montón.

Aquí tedes o resultado:


A ALFOMBRA FLORAL DE RORIS on PhotoPeach


28/5/13

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2.013-2.014

O prazo de matrícula para o alumnado admitido na EEI Rorís para o curso 2.013-2.014 será do 20 ao 30 de xuño, ambos incluidos.



·        Documentación a entregar para a formalización da matrícula:
 
-    Solicitude de matrícula cumplimentada e cuestionario de avaliación inicial a recoller con anterioridade no centro.
-         Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.
-         4 fotos tamaño carnet.
-         Certificado de empadronamento.
-         Fotocopia do libro de vacinas.
-         Fotocopia da tarxeta sanitaria.
-         Fotocopia do DNI ou do libro de familia.
-         Outros datos que a familia considere relevantes.


      Estes alumnos/as serán chamados durante o mes de xuño para realizar unha pequena adaptación ao centro algúns día da última semana lectiva deste presente curso, entre o 17 e o 20 de xuño.

22/5/13

FESTIVAL LETRAS GALEGAS A LAGOA 2.013

 ARRIBA O PANO!!!!!

Celebramos o pasado mércores 15 de maio o Festival Letras Galegas 2.013 na escola de A Lagoa.
O tema do festival xirou en torno ao teatro, xa que o autor homenaxeado este ano, Roberto Vidal Bolaño, estaba moi vinculado a esta arte.
En primeiro lugar, realizamos entre as tres escolas un teatro de sombras para explicar a vida de Vidal Bolaño.
Seguidamente, recitamos cada escola un anaco de algunha das súas obras.
A nosa escola puxo en escena unha obra de teatro en inglés titulada "The elephant and the bad baby".
Logo, os máis maiores da escola de A Lagoa representaron a obra "O galo Quirico".
Os nenos e nenas de Larín interpretaron un remix de cancións míticas do "Xabarín Club".
Os nosos artistas cantaron e interpretaron unha canción do último disco de Mamá Cabra, "A miña tía".
E por último, os máis pequenos de A Lagoa cantaron e representaron "Unha vella tiña un can".
Este foi o noso festival para conmemorar o Día das Letras Galegas. Quedou chulísimos e todos os nenos e nenas o fixeron xenial.
Aquí tedes os nenos/as de Rorís preparando os decorados e instrumentos que utilizaron. Gracias ás familias que nos axudaron e á teacher pola súa paciencia (porque aprendernos os textos en inglés nos costou un pouquiño).


DECORADOS E VESTIARIO on PhotoPeach

E estas son as fotos do festival, actores e actrices en acción. Cando teña os vídeos os colgarei tamén:

AS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL on PhotoPeach

16/5/13

15 DE MAIO: DIA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Celebrouse onte 15 de maio o Día Internacional das Familias.
Para homenaxear ás familias dos nenos/as da nosa escola lles fixemos uns pequenos detalles para que tiveran de recordo. É un peixiño de cores para colocar na neveira.



Logo fixemos tamén outro agasallo que sirve de xogo para reforzar a autoestima. O xogo o fixemos primeiro na clase. A cuestión era: Dentro desta caixiña hai algo moi especial para cada un, ídelo ver pero non llo podedes dicir a ninguén. Así todo ían mirando o que había dentro. Ao rematar ía preguntando o que viran e xa na primeira resposta salíu: ¡¡¡un espello!!!
- Pero, ¡¡seguro que é un espello!
- Seguro que non víchedes nada máis?
- Síii, son eu.

Ao mirar na caixa víase cada un, por eso dicíamos que era algo MOI ESPECIAL.



É un bo xogo para facerlle a cada membro da familia e facer que se sintan especiais.

FELICIDADES FAMILIAS POR TODO O TRABALLO E ADICACIÓN QUE TEDES COS VOSOS FILLOS/AS!!!!!

ARTISTA DEL MES: REM

Dedicamos el pasado mes de abril al grupo de rock estadounidense REM.
Alejandro fue el encargado de recopilar la información sobre su biografía y discografía y hacer el mural:







Estas son las canciones de sus diferentes álbumes que escuchamos durante una semana en el momento de la relajación:










ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 13/14

Todos os alumnos/as que fixeron a solicitude de admisión neste centro para o curso 13/14 foron admitidos.
O prazo para realizar a matrícula no centro será: do 20 ao 30 de xuño.
Se comunicará con antelación no taboleiro do centro, neste blog e na páxina de facebook cal é a documentación que deberán de presentar.
Estes nenos/as serán chamados durante o mes de xuño para facer unha pequena adaptación á escola.

13/5/13

PREPARATIVOS E ENSAIOS FESTIVAL LETRAS GALEGAS A LAGOA 2.013

Na xornada de hoxe estivemos na escola de A Lagoa onde ensaiamos e preparamos o escenario da nosa actuación. Sobre todo pasámolo moi ben desfrutando dunha xornada de convivencia cos compañeiros/as das outras escolas:


PREPARATIVOS E ENSAIOS on PhotoPeach

8/5/13

AS SABOROSAS CORES

Hoxe volvemos a ter no cole a Lucía, unha monitora de actividades patrocinadas polo Concello de Arteixo, que nos veu a falar e a facer xogar cos alimentos e as súas cores.
Tratábase de que teñamos unha boa actitude antes os alimentos tanto se nos gustan coma se non nos gustan, tamén de coñecer novos alimentos e aprender os seus nomes e sabores.
Fixemos primeiro unha especie de xincana-xogo onde había que adiviñar alimentos cos ollos pechados e probándoos, adiviñar alimentos cos ollos pechados e só pola súa textura e de elaborar un menú por cores (luns comer morado, martes alimentos brancos, mércores vermellos, xoves laranxas e venres verdes).
Nos deixou despois unhas fichas recopilatorias do traballo coas que fixemos un libriño da actividade.






AS SABOROSAS CORES on PhotoPeach






7/5/13

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2.013






       
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2.013 EN A LAGOA

FESTIVAL E HORARIO: o próximo mércores 15 de maio celebraremos en A Lagoa o festival das Letras Galegas deste ano 2.013.
As actuacións dos nenos/as comezarán ás 11:30h ata as 12:30h e a merenda será de 12:30h a 13:30h.
O Día das Letras Galegas adícase este ano ao escritor, dramaturgo e cineasta Roberto Vidal Bolaño, polo que as actuacións basearanse en distintas formas de representación teatral. A entrada que levarán en vindeiros días a teredes que entregar o día do festival para pasar ao teatro.

BUS: ese día o bus recollerá aos nenos na súa parada media hora máis tarde do habitual. 

VESTIMENTA: ese día os nenos irán vestidos con pantalón vaqueiro ou azul e camiseta branca e as nenas con camiseta branca, unha falda calqueira e medias brancas. Terán que traer tamén uns día antes da actuación unas gafas de sol e unha bufanda de algún equipo de fútbol. Se algún non ten avisádeme porque eu podo ter algunha de  máis.

6/5/13

MUCHAS FICHAS PARA TRABAJAR EN CASA

Os dejo a continuación un enlace en el que podéis descargar un montón de fichas de matemáticas, lengua, expresión escrita, ortografía, coñecemento do medio, letras, números..... para tener en casa y hacer de vez en cuando en ratos libres durante la semana, vacaciones...
También hay recuadros de mate, lengua y coñe para estudiar los niños/as de primaria y recordar así las explicaciones de clase.
Incluso podéis imprimir algunas imágenes sobre dificultades ortográficas para tener en la habitación de estudio como pósters.






FICHAS

ACTIVIDADES DÍA DEL LIBRO

Aquí están las fotos de todo lo que hicimos el 23 de abril, Día del Libro:


DIA DEL LIBRO 23 de abril on PhotoPeach

ANIVERSARIO DE JOSE

O pasado 28 de abril foi o cumpreanos de Jose pero non puido vir ao cole. Nos enviou igualmente o biscoito que todos degustamos.
Como hoxe por fin volveu xa recuperado cantámoslle e soprou as 7 candeas nunha tarta "postiza".
Así que aínda que sexa con retraso ¡¡¡FELICIDADES!!!"


ANIVERSARIO DE SARA

O pasado venres 3 de maio celebramos o cumpreanos de Sara. ¡¡Xa ten 6 anos!!
¡¡FELICIDADES!!
Nos trouxo para festexalo un biscoito con iogur e amorodos. Estaba moi bo. Agora queda que todos acaben os debuxiños que lle estamos facendo para que teño como recordo do seu día.