26/9/12

UN RATONCITO

Esta semana nuestra mascota de biblioteca "Paco o rato" nos recomienda una historia muy conocida de un amiguito suyo titulada "Un ratoncito".

 
 
Además encontramos una canción de la famosa cantante infantil Rosa León, que cuenta la misma historia que en el cuento. Aquí os va para que la aprendáis también en casa:
 
 

 
 
 



25/9/12

O OUTONO CHEGOU

Este curso para traballar esta estación imos a facer unha recopilación de poesías, retahílas, refráns, ditos, adiviñas... que atopemos sobre o outono. Tamén faremos unha serie de traballos máis artísticos utilizando distintos elementos propios desta estación do ano.

Ésta é a primeira poesía/canción que incorporamos ao noso recopilatorio:

OUTONO CHEGOU,
MARRÓN E AMARELO.
OUTONO CHEGOU
E FOLLAS SECAS NOS DEIXOU.
 
 
E aquí están as distintas cancións e relatos que iremos traballando durante estes meses que dura o outono:
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


ELMER

El libro de la semana pasada fue "Elmer", además de leer el cuento, hacer actividades en la pizarra digital sobre el cuento y hacer el dibujo y resumen, hicimos estos divertidos elefantitos:


 
 
 
Además hemos encontrado también en Youtube una canción que habla sobre Elmer:
 
 


VISITA DO FOTÓGRAFO

O próximo martes 2 de outubro virá, como en anos anteriores, o fotógrafo a facer fotos individuais e de grupo aos nenos/as.
Os que esteades interesados avisade a través da nota enviada contestando SI ou NON.
O prezo das fotos son 30€.

CAMBIO DE DATA DA REUNIÓN

Por motivos familiares da profe houbo que pospoñer a reunión deste luns na escola.
A nova data é: LUNS 8 DE OUTUBRO ÁS 18:00h.

21/9/12

OS BOLECHAS CHEGAN Á TELE

A partir do próximo luns na TVG2 dentro do programa Xabarín Club poderedes ver en acción a "Os Bolechas", personaxes duns dos contos en galego favoritos dos nosos nenos/as.

Así que xa sabedes ¡¡¡a desfrutar das aventuras desta gran familia na hora da merenda!!!!


18/9/12

NUEVAS CANCIONES PARA LAS RUTINAS

Con la llegada del nuevo curso vamos a renovar un poco el repertorio de canciones que usamos para hacer las rutinas de la asamblea diaria.

CANCIONES PARA SALUDAR Y COMENZAR EL DÍA:

 
 
 
 
 
 
 

CANCIONES DE LOS DIAS DE LA SEMANA Y MESES DEL AÑO:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
CANCIONES DE LAS VOCALES Y EL ABECEDARIO:
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

ANIVERSARIO DE DANI

Hoxe celebramos o aniversario de Dani ¡¡¡xa ten 4 anos!!!!

¡¡¡¡¡¡¡¡FELICIDADES DANI!!!!!!!

Tróuxonos zume e biscoito que fixo a súa mamá, ¡¡estaba moi bo!! e case todos repetiron.

Ademais da celebración, e agora que xa somos máis grandotes, imos a aproveitar os cumpreanos para aprender a poñer a mesa e a utilizar ben os distintos cubertos.
Así que, o encargado que toque ese día, que hoxe foi Hugo, terá que poñer a mesa para todos: pratos, vasos, servilletas e cubertos.

Mirade que ben o pasamos e que ben postiña tiñamos a mesa.

 
 
 
 
 

12/9/12

REUNIÓN NA ESCOLA DE RORIS

Faremos o próximo luns 24 de setembro ás 17:30h a nosa reunión na propia escola de Rorís para comentar algúns aspectos propios do noso cole, proxectos a traballar neste curso e explicacións máis exhaustivas do que será este curso 2012-2013.
Se algún non pode acudir avisádeme.
Gracias

NORMAS BÁSICAS DE INICIO DE CURSO


Aquí tedes unha serie de normas básicas necesarias para o día a día da escola, aínda que case todos xa as coñecedes do curso pasado nunca está de máis facer un pequeño recordatorio.

·                     Todos os nenos/as teñen que ter na escola unha visera, un vaso, unha caixa de pañuelos de papel, un paquete de toalliñas húmidas e unha muda. (Todo isto xa o teñen case todos na escola).

·                     O mandilón e as chaquetas teñen que ter unha cinta para poder colgalos nas perchas. O mandilón irá todos os venres a casa para lavar.

·                     Recados: todos os días os nenos/as levarán a libreta para casa para o intercambio de recados e informacións varias. Vós podedes escribir, eu escribirei e eles tamén o farán para darlles así máis autonomía e responsabilidades.

·                     Proxecto lector: para continuar na casa a mesma liña de traballo da escola en canto ao tema da animación á lectura os nenos/as levarán todos os venres un libro para ler a fin de semana. Terán que facer unha pequena ficha sobre o conto que será así: título do conto, debuxo do conto e pequeno resumo (explicarei na reunión como o fará cada nivel).

·                     1ºEP e 2º EP: os nenos/as de EP, ademais do conto, levarán tamén os venres unha ficha de mate ou lingua para reforzar os contidos traballados. Pediríavos tamén que intentásedes que cada día tiveran un ratiño adicado a ler, e así avanzar entre todos nesta aprendizaxe.

·                     Merendas: para intentar que os nenos/as se conciencien do importante que é levar unha dieta sá e equilibrada seguiremos co mesmo calendario para as merendas.

 

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
lácteos
+bebida
cereais/froitos
secos+bebida
bocata
+bebida
froita
+bebida
libre
(iogur, queixo…)
(galletas, tortas de millo, froitos secos, barriñas de cereais…)
 
 
 

Bebida: auga, zume, leite, iogur de beber…

Cada neno/a terá que traer unha servilleta (serve de papel).

·                     Cumpreanos: para a celebración dos cumpreanos na clase gustaríame que non lles enviárades paquetes de chuches, nin gusanitos, nin caramelos…, senón por exemplo algo feito por vós con eles na casa como un biscoito para compartir ese día cos compañeiros. O día que teñemos cumpreanos avisareivos para que non lles enviedes a merenda habitual.

·                     Horario: como xa sabedes, ademais do traballo dos contidos que nos marca a lexislación, e os nosos proxectos, realizamos actividades doutras áreas como inglés, música, psicomotricidade, relixión e novas tecnoloxías. Terán inglés os luns e mércores(a mestra seguirá sendo Ana), psicomotricidade os martes e venres (polo que terán que vir en chándal), música os xoves, relixión os venres e o uso dos ordenadores e outros será diario.

Calqueira pregunta que teñades resolverémola o día da reunión e non dubidedes en comentar as vosas inquedanzas.

PRIMEIRO DIA DE CLASE

Comezamos xa a escola despois dunhas longas vacaciones.
A todos lles gustou moito reencontrarse e ver algunhas novidades da escola.
Xa tivemos hoxe na clase a Jacobo que entra novo en 3 anos.
Recordamos moitas cousas que facíamos o curso pasado, falamos das cousas novas que imos facer este curso, dos proxectos que traballaremos, xogamos moito e ata traballamos un pouquiño.
O traballo de hoxe foi máis ameno e relaxado, fixemos uns pequenos monicreques para xogar na casa.

11/9/12

3/9/12

REUNION CONXUNTA E INICIO DO CURSO ESCOLAR 2012-2013

¡¡¡¡¡¡Xa estamos de volta!!!!!
 
A reunión conxunta das tres escolas unitarias, Larín, A Lagoa e Rorís, será o venres 7 de setembro na escola de A Lagoa ás 11:30h.
 
 

Publicada no DOG de Galicia a Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012-2013 para os centros docentes sostidos con fondos públicos no que establece que as clases darán comezo o día 12 de setembro de 2012, estando a escola aberta a efectos administrativos a partir do día 1 de dito mes.
O horario será de 9:30h a 14:30h.