O pasado xoves 6 de xuño fixemos a nosa excursión de fin de curso cos nosos compañeiros/as das escolas de Larín e Lagoa.
Era o remate final para o noso proxecto de Galicia, visitar a capital galega, Santiago de Compostela.
Visitamos o Museo do pobo galego, onde vimos como era a vida dos nosos antepasados galegos, como vivían, como vestían, as festas, utensilios de traballo, música..... Paga a pena visitalo.
Logo fixemos unha visita no tren turístico por Santiago para ter unha idea xeral de como é a cidade.
Visitamos a catedral e comemos na Alameda onde vimos a estatua das "Marías".
EXCURSIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA on PhotoPeach
Que ben o pasastes!!! Que cariñas...Lástima que o tempo non acompañara máis. Moitos bicos para todos!!
ResponderEliminarPasámolo moi ben, sobre todo foi unha experiencia única. Polo menos aguantou sen chover!!
ResponderEliminar