ARRIBA O PANO!!!!!
O tema do festival xirou en torno ao teatro, xa que o autor homenaxeado este ano, Roberto Vidal Bolaño, estaba moi vinculado a esta arte.
En primeiro lugar, realizamos entre as tres escolas un teatro de sombras para explicar a vida de Vidal Bolaño.
Seguidamente, recitamos cada escola un anaco de algunha das súas obras.
A nosa escola puxo en escena unha obra de teatro en inglés titulada "The elephant and the bad baby".
Logo, os máis maiores da escola de A Lagoa representaron a obra "O galo Quirico".
Os nenos e nenas de Larín interpretaron un remix de cancións míticas do "Xabarín Club".
Os nosos artistas cantaron e interpretaron unha canción do último disco de Mamá Cabra, "A miña tía".
E por último, os máis pequenos de A Lagoa cantaron e representaron "Unha vella tiña un can".
Este foi o noso festival para conmemorar o Día das Letras Galegas. Quedou chulísimos e todos os nenos e nenas o fixeron xenial.
Aquí tedes os nenos/as de Rorís preparando os decorados e instrumentos que utilizaron. Gracias ás familias que nos axudaron e á teacher pola súa paciencia (porque aprendernos os textos en inglés nos costou un pouquiño).
DECORADOS E VESTIARIO on PhotoPeach
E estas son as fotos do festival, actores e actrices en acción. Cando teña os vídeos os colgarei tamén:
AS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL on PhotoPeach
Un trabajo excelente....Enhorabuena.
ResponderEliminarXenial, vaia decorados, vestuarios e actuacións. Familias, nenas, nenos e mestras estades feitas unhas artistas!
ResponderEliminarQue fantástico!! Coincido con Noa no tema dos vestiarios e decorados, son fabulosos. Noraboa para todos os nenos e profes!!
ResponderEliminarde q2 cole sois
ResponderEliminarsomos a EEI Rorís en Arteixo
ResponderEliminarGracias polas vosas felicitades, nós tamén quedamos moi contentos de como saiu todo e sobre todo desfrutaron todos/as un montón.
Moitas grazas. Estamos esperando ver a a vosa alfombra. Vémonos na excursión. Un bico para todos e todas.
ResponderEliminar