29/6/12

PROXECTO PRENSA

Este ultimo trimestre lo dedicamos casi por completo a un proyecto que titulamos "LA PRENSA Y EL PERIODICO".
Comenzamos su andadura con motivo de la celebración del día de "As Letras Galegas", ya que Valentín Paz Andrade estuvo muy ligado al periodismo. En eso se basó también nuestro festival, en los distintos tipos de prensa y centramos nuestras actuaciones en: RADIO, TV Y PERIODICO.

En clase primero analizamos e investigamos sobre esa palabra PRENSA: qué era, tipos de prensa, profesiones relacionadas con la prensa...

Más tarde profundizamos en un tipo de prensa que era el PERIODICO. También trabajamos mucho sobre él y con él: lo leíamos cada día en formato papel y digital, buscamos las partes de una noticia, inventamos un titular para una foto, buscamos nombres de periódicos, investigamos qué partes tenía un periódico, nos convertimos en periodistas y escribimos noticias, buscamos el proceso de elaboración de un periódico... Muchas de estas cosas con la ayuda de nuestras familias.
Y  por último elaboramos nosotros nuestro propio periódico que titulamos: "A voz de Rorís".

Aquí están currando nuestros pequeños periodistas:





Este es el libro fruto de toda la información recopilada:



Y nuestro periódico "A voz de Rorís":


28/6/12

EXCURSION FIN DE CURSO

Aquí chegan as fotos da excursión de fin de curso.
- Podedes ver aos nenos/as na Casa das abellas: atendendo ás explicacións, cos traxes "galácticos", vendo como traballan as abellas, extraendo mel, facendo candeas con cera, probando mel...
- Logo na visita e comida ao Parque do Pasatempos en Betanzos.
- E por fin a esperada viaxe de volta á Coruña en tren ¡que emocionante foi! Ata puidemos ver a cabina do maquinista, tocar a bucina, nos apagaron as luces...


CASA DAS ABELLAS. PASATEMPOS DE BETANZOS. VIAXE EN TREN on PhotoPeach

"FIESTA PLAYERA" FIN DE CURSO EN LARÍN

Aquí están las fotos de la "Fiesta playera" de fin de curso que celebramos en la escuela de Larín con todos nuestros compis: Rorís, Larín y A Lagoa.

¡¡¡Qué guapos estaban todos!!!!



"FIESTA PLAYERA " EN LARÍN on PhotoPeach

27/6/12

RECOLLIDA DOS DVD DE FOTOS DO CURSO 2011-2012

O venres 29 de xuño podedes pasar a recoller os DVD das fotos deste curso de 10h a12h da mañá.
Os que entregáchedes a documentación do programa Gratuidade Solidaria para Ed. Primaria podedes tamén pasar ese día a recoller os cheques.

PROXECTO "OS MOUCHOS"

Un dos proxectos que fixemos este curso foi sobre "Os mouchos".
A razón de levalo a cabo foi que un día apareceu pola escola unha veciña e nos dixo que atoparan un moucho que estaba ferido e que o levaran a un centro de recuperación. Cando estivera ben o volverían a soltar no mesmo sitio onde o atoparon. Así que nós nos puxemos a investigar un pouquiño sobre eles para ir coñecéndoos.
O que pasa e que non volvemos a ter noticias pero bueno, nós polo menos aprendemos moitos datos deles que non sabiamos.
Aquí tedes o que fixemos:




Estos foron algúns dos vídeos que vimos para obter información e investigar sobre os mouchos.







THE OWL




22/6/12

FELIZ VERÁN PARA TODOS/AS

Xa rematou o curso 11-12 e os nenos/as de Rorís vivimos moitas experiencias novas e enriquecedoras. Aprendimos moitas cousas novas e moi importantes (non só letras, números, conceptos…) senón outras que se cadra son moito máis importantes e que aínda que agora somos todavía moi cativos para comprendelas ben, cando teñamos algúns aniños máis lembraremos o que nos decían aquelas profes de infantil cando nos falaban de: saber escoitar aos demais, esperar o turno para falar, compartir, o valor da amizade, do compañerismo, o respecto ás persoas, que as cousas se resolven falando tranquilamente e non berrando nin pelexando… e pensaremos que tiñan algo de razón cando nos ensinaban  todo isto.
Así que agora o que queda é desfrutar do verán, do sol, das vacacións, da familia, dos amigos....
Pasádeo todos/as moi ben e ¡¡¡¡ata a volta!!!!!!

21/6/12

MACEDONIA DE FROITAS

Na merenda de hoxe, que como era xoves tocaba froita, decidimos poñer en práctica as nosas "habilidades culinarias" e fixemos unha RIQUÍIIIIIIISIMA MACEDONIA DE FROITAS.
Levaba piña, melocotón e plátano.
Éstos foron os pasos que demos para a súa elaboración:
1- Lavar as mans.
2- Verter o almíbar do melocotón nun bol.
3- Cortar a froita.
4- Remexer todo.
5- Poñer en cada pincho varios trozos de froitas mesturadas.
6- Comer.
7- Repetir!!!!!

Non vexades como lles gustou, algún aínda repetiu uns cantos pedazos máis.






XOGOS NO PATIO

Temos novos xogos para practicar varios deportes no patio: golf, tenis, fútbol...
Aquí estamos aprendendo estas novas disciplinas jejeje.


18/6/12

AS NOSAS PLANTAS

Xa están empezando a medrar as flores dos gladiolos, xa temos dúas de cor rosa. Esperemos que antes de que acabe o curso nazan algunhas máis.

Fai unhas semanas plantamos tamén plantas aromáticas: MENTA e TOMILLO. Tivemos que arrancar as malas herbas que había na maceta, plantamos, regamos e fixemos os carteis.


BEATLES

Como sabéis hemos estado trabajando un poco el grupo The Beatles en clase de música.
Escuchamos algunas de sus canciones, leímos algo sobre su biografía (cuántos eran, cómo se llamaban, de dónde eran, qué instrumentos tocaba cada uno, algunos nombres de sus álbumes...) y hemos hecho un mural final con toda esa información.



Estas son algunas de las canciones que íbamos escuchando diariamente en la hora de la relajación:




FESTA NA ESCOLA DE LARÍN 22 DE XUÑO


“FIESTA PLAYERA”

Como xa vos dixemos con anterioridade celebraremos unha pequena festa de Fin de curso o último día 22 de xuño na escola de Larín.

Vai ser unha festa temática: “Fiesta playera”.

Os nenos/as teñen que vir vestidos coma se fosen á praia: bermudas, shorts, camiseta, gorros, chanclas…. ¡Poñede a voar a vosa imaxinación para que veñan ben guapos!

Eles non teñen que traer nada de comer nin de beber.

17/6/12

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Faltaba por especificar na nota o seguinte:

Se chove, e parece que vai ser así, temos planificado do seguinte xeito:
- ACTIVIDADES CASA DAS ABELLAS: se realizarán en interior
- COMIDA EN BETANZOS: temos avisada a Protección Civil de Betanzos que nos levarán a un polideportivo.

O que sí sería necesario é que os nenos/as leven posto un chuvasqueiro finiño.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO


EXCURSIÓN FIN DE CURSO

CASA DAS ABELLAS- BETANZOS VIAXE EN TREN

·          ITINERARIO:

-   Saída da escola: Todos os nenos/as estarán na escola ás 8:50h da mañá. Teredes que levalos vós, ese día non haberá servizo de bus escolar. O bus nos recollerá na escola ás 9:00h despois de recoller aos nenos de A Lagoa, logo recolleremos aos compañeiros/as de Larín.

-   Casa das abellas: a partir das 10:00h realizaremos distintas actividades alí cos monitores. Ao remate tomaremos unha pequena merenda que xa nos leva a profe.

-   Parque do pasatempos de Betanzos: desde o Concello de Betanzos nos teñen preparado un percorrido polo parque do Pasatempo. Comeremos alí mesmo. Cada neno/a levará a súa comida.

-   Viaxe en tren: realizaremos a viaxe en tren desde Betanzos a Coruña. Á chegada nos ensinarán como é a estación e as locomotoras antigas que alí teñen.

-   Volta á escola: faremos a viaxe de volta á escola en bus. Chegaremos sobre as 16:30h 17:00h, aproximadamente. Tedes que recoller aos nenos/as na propia escola.

·          INDICACIÓNS E RECOMENDACIÓNS:

-   Mochila: cada neno/a levará a súa propia mochila coa súa comida para a hora de xantar (mandádelle o que vós saibades que van comer), unha botelliña de auga e NADA MÁIS.

-   Crema solar: botádelle crema solar nos brazos e cara antes de saír da casa. Se fixera moito sol ese día xa lles botaría eu máis se fixera falta.

-   A profe levará: unha pequena merenda para media mañá para todos, as viseras que eles teñen no cole, toalliñas húmidas, clínex, unhas muda e os vosos teléfonos.

·          PREZO:

-   O prezo total da excursión son sobre 10€. A escola sufragará sobre o 50%, o resto o teredes que aboar as familias. Polo tanto, cada neno/a terá que traer   4€. Hai que traelos o luns á escola.

Calqueira dúbida chamades ou pasades pola escola para poder resolvela.

Un saúdo

A titora

MÚSICA

Así nos divertimos en clase de música tocando distintos instrumentos y aprendiendo lenguaje musical.

13/6/12

FORMALIZACIÓN MATRICULA NOVOS ALUMNOS/AS CURSO 2012-2013




MATRÍCULA ALUMNOS ADMITIDOS CURSO 2012-2013

·        Período de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
·        Documentación a entregar para a formalización da matrícula:

-         Solicitude de matrícula cumplimentada e cuestionario de avaliación inicial a recoller con anterioridade no centro.

-         4 fotos tamaño carnet.

-         Certificado de empadronamento.

-         Fotocopia do libro de vacinas.

-         Fotocopia da tarxeta sanitaria.

-         Fotocopia do DNI ou do libro de familia.

-         Outros datos que a familia considere relevantes.

GRATUIDADE SOLIDARIA


INFORMACIÓN RELEVANTE PARA CUMPLIMENTAR A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO


-         A renda per cápita deberá ser igual ou inferior a 9.000€.


-         Como calcular a renda per cápita?

Sumar as casillas 455 e 465 da declaración da renda e dividir entre os membros computables da familia.

12/6/12

EXCURSIÓN FIN DE CURSO


EXCURSIÓN FIN DE CURSO

CASA DAS ABELLAS VIAXE EN TREN

Como ben dixemos no festival das Letras Galegas faremos a excursión de Fin de Curso cos nenos/as o mércores 20 de xuño.
Será á "Casa das abellas", parque do Pasatempos de Betanzos e viaxe de volta en tren á Coruña.
Non temos aínda os horarios definitivos por mór duns cambios que farán esta semana na compañía de tren. En canto os teñamos volos enviaremos, xunto co itinerario definitivo e algunhas indicacións e recomendacións para ese día.

O que sí necesitamos saber é a confirmación de asistencia para concretar os prezos finais.
Saúdos. A titora

CONTO VIAXEIRO: A fada Maia

Aquí tedes o conto viaxeiro que fixemos entre todos no cole.
Comezamos a primeira páxina na escola e logo cada un o foi levando para casa para continuar coa axudas das súas familias. Ata a profe tamén o levou e fixo unha das páxinas coa axuda do seu fillo David que nos ven a visitar ao cole algunha vez.


5/6/12

4/6/12

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO EN PRIMARIA

Publicouse o pasado 31 de maio a orde que regula a información das axudas para libros de texto en Ed. Primaria para o vindeiro curso 2012-2013.
Podedes consultar a información no seguinte enlace ou pedindo a documentación directamente no cole.

 GRATUIDADE SOLIDARIA


PRAZO: do 2 ao 2 de xullo de 2011
REQUISITOS:
· Alumnado de primaria
· Renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.
DOCUMENTACIÓN a adxuntar coa SOLICITUDE (Anexo I) (Orixinal e Copia) :
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2010, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2010:
  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
- - -
(Orde do 13 de maio de 2011, DOG nº 104, 31 de maio de 2011, para 1º,2º,5º e 6º de Ed. Primaria)
(Orde do 16 de maio de 2011, DOG nº 104, 31 de maio de 2011, para 3º e 4º de Ed. Primaria)