8/5/13

AS SABOROSAS CORES

Hoxe volvemos a ter no cole a Lucía, unha monitora de actividades patrocinadas polo Concello de Arteixo, que nos veu a falar e a facer xogar cos alimentos e as súas cores.
Tratábase de que teñamos unha boa actitude antes os alimentos tanto se nos gustan coma se non nos gustan, tamén de coñecer novos alimentos e aprender os seus nomes e sabores.
Fixemos primeiro unha especie de xincana-xogo onde había que adiviñar alimentos cos ollos pechados e probándoos, adiviñar alimentos cos ollos pechados e só pola súa textura e de elaborar un menú por cores (luns comer morado, martes alimentos brancos, mércores vermellos, xoves laranxas e venres verdes).
Nos deixou despois unhas fichas recopilatorias do traballo coas que fixemos un libriño da actividade.






AS SABOROSAS CORES on PhotoPeach






No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG