30/1/13

Celebramos el DIA DE LA PAZ en A Lagoa

Para celebrar el Día de la Paz hicimos todas estas actividades, de las que disfrutamos y participamos un montón:


DÍA DE LA PAZ 30 de enero 2.013 Escola de A Lagoa on PhotoPeach

29/1/13

DÍA DA PAZ

Mañá celebraremos o Día da Paz en A Lagoa, pero hoxe xa estivemos en clase falando do tema, cantando as cancións que cantaremos cos nosos compañeiros/as das outras escolas, e fixemos unhas viseiras moi "molonas" de pombas da paz:


25/1/13

LENDO TODOS XUNTOS O MESMO CONTO

¡¡¡¡Como desfrutaron hoxe lendo todos xuntos o mesmo libro!
Escollemos o conto "Os bolechas queren saber como producir menos lixo" porque temos varios exemplares.
Ían lendo cada un ata un punto e volviamos a empezar o turno. Leron Nayara, Paula, Alejandro, Hugo, Jose, Sara e Samuel. ¡Que ilusión lles fixo a eles dous ler igual que os demais!
E os pequenos miraban os debuxos ao lados dos maiores.




 
 
 
 
E aproveitando que falamos dos Bolechas vos deixo a continuación un enlace onde se poden ver todos os capítulos dos Bolechas que fixeron en debuxos animados.
 
 

24/1/13

FESTIVAL DE NADAL EN LARÍN

¡¡¡¡¡Por fin teño as fotos de Nadal que me faltaban!!!!

O meu desexo é que comecemos este ano que xa entrou con bo pé e que sempre pensemos en positivo e hacia diante.

Aquí vos deixo algunhas fotos do festival. O que  non son capaz de subir son os vídeos das actuacións, pero ao final de curso se grabarán co resto das fotos.

 
 







30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O próximo mércores 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Para conmemorar este día faremos unha xuntanza entre as tres escolas na de A Lagoa.
Ese día os nenos/as terán horario e bus habitual, aínda que á volta pode haber algún retraso.
Os nenos/as ese día non levarán merenda, xa que faremos alí unha merenda conxunta de festa.
Cada neno/a levará un globo branco para unha actividade que imos facer.
Alí faremos varias actividades que xa temos programadas en relación co día da Paz

 

23/1/13

CARTEL DE LA PELÍCULA

Hoy elaboramos nuestro propia versión del cartel de la película Grease.
Después de ver detenidamente el cartel original, simbolizamos esas escenas con nuestros propios actores y actrices y así quedó finalmente.
Aquí tenéis los dos para comparar, el original y el nuestro, que sí que es "original".




22/1/13

COMPOSITOR DO MES: MOZART

Antes das vacacións de Nadal toucoulle a Paula traernos o seu mural sobre o compositor Mozart.
Explicounos algo sobre a súa vida e obra e durante este tempo fomos escoitando distintas pezas compostas por el nas nosas sesións diarias de relaxación.

 
 
 
Este foi o traballo de Paula e aquí deixo algunhas das pezas que escoitamos na clase:
 
 
 




 
 
 
 
 
 

EXPOSICIÓN DE ANDY WARHOL EN A CORUÑA

Tenemos estos días en A Coruña una maravillosa exposición del artista que tanto les gustó trabajar el curso pasado: Andy Warhol.
Aquí os dejo la noticia que salió en la Opinión para que veáis dónde es.

EXPOSICIÓN ANDY WARHOL EN A CORUÑA


LIBRO DA SEMANA: "Adiós ríos, adiós fontes"

Esta semana Paco o rato nos deixou: "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro; para que seguíramos coñecendo escritores galego e incorporalos ao traballo do noso proxecto sobre Galicia.

Lemos a poesía completa e nos sabedes que caras lles quedaron a todos, ¡¡¡que tristes se puxeron!!!, parecía que vivían a historia de verdade. Explicamos a situación, o que pasaba naquel tempo que escribía Rosalia e tamén lles chamou moito a atención a mestura de palabras en galego e castelán.

 
 
 
Tamén escoitamos logo a versión musicada do poema, aquí tedes varias versións:
 
 

 
 
 
 
 

20/1/13

ENTROIDO 2013



Entroido 2.013
rorís


Como xa vos comentei a principio de curso este ano celebramos en Rorís a festa do Entroido.
O tema central da festa será o CINE. E na nosa escola representaremos e escenificaremos unha película moi coñecida que trata dos anos 50 estadounidenses: “GREASE”.

A continuación vouvos comentar varias aspectos a ter en conta para a festa e os disfraces:
  • FESTA: se celebrará na escola de Rorís o venres 8 de febreiro. En vindeiras notas informativas se indicará o horario.
  • PREPARACIÓN DA FESTA: faremos unha reunión para concretar os asuntos relacionados coa merenda dese día o 28 de xaneiro ás 18:00h na escola.
  • DISFRACES: Alejandro, Hugo, Jose, Víctor, Dani e Jacobo irán con pantalón vaqueiro, camiseta branca de manga curta e unha cazadora (se a teñen vaqueira mellor senón vale calqueira cazadora). Samuel igual, salvo a camiseta, que ten que ser de cor negra. O día da festa teredes que poñerlles gomina no pelo e facerlles tupé.
    Para as nenas a nai de Sara ofreceuse a facerlles as faldas e uns pañuelos para as catro; así que ese día virán só con medias ou pantys brancos e unha camisa de manga curta branca. Sara terá que vir tamén toda de negro ou marrón e traer unha chaqueta branca.
  • ESCENARIO: na clase cos nenos/as faremos algunha cousa pero me gustaría pedir se a alguén se apetecería facernos un coche de cartón estilo ao da peli e unha máquina de poñer música como as desa época tamén de cartón. O que queira colaborar que mo escriba na libreta dos recados.
  • TEXTOS E CANCIÓNS: os nenos/as terán que aprenderse algunhas frases e as cancións. Nos próximos días vos enviarei os textos. As cancións podedes encontralas xa no blog.

Gracias a todos/as. Calqueira dúbida chamades ou escribides na libreta.
Saúdos. Ana

PREPARANDO EL CARTEL DE LA PELÍCULA

Esta semana estuvimos también practicando en Plástica las letras de la película "Grease" para hacer nuestro propio cartel con nuestros propios protagonistas.
Lo hicimos en la hora de relajación escuchando de fondo una de las canciones que componen la banda sonora de "Grease": Noches de amor.

16/1/13

CASTING DE ACTORES E ACTRICES PARA A PELÍCULA

Como en toda película famosa, hoxe nós na clase tamén fixemos un "CASTING" para elexir aos actores e ás actrices da nosa representación de Grease.

Todos tiñan que facer algo diferente referido a distintas expresións coa cara:

CASTING RORIS 2.013 on PhotoPeach


Como a elección era moi complicada repartimos os distintos papeis por sorteo, asi foi máis democrático:

Sara: Sandy
Samuel: Danny
Paula, Nayara e Carmen: amigas
Jose, Hugo e Alex: amigos
Jacobo: director
Víctor: cámara
Dani: claqueta

15/1/13

ENTROIDO 2013 EN RORÍS

Xa falta pouco para que chegue o Entroido. Este ano tócanos a nós en Rorís a organización desta festa tan divertida.
O tema que escollemos as tres escolas é o CINE, xa que estamos facendo en todas un pequeno proxecto sobre esta arte.
O disfraz e actuación dos nenos e nenas de Rorís versará sobre a tan mítica película ambientada nos anos 50 estadounidenses: "GREASE"

Nos próximos días vos iremos contando máis cousas a través de notas informativas.

A actuación será unha especie de obra de teatro, bailes e historia da película pero mostrando tamén aspectos básicos da grabación dunha película. Haberá dúas cancións da película traducidas ao castelán e outras dúas cancións en inglés. Vos deixo de momento as dúas primeiras para que vaian practicando desde a casa.

¡¡¡¡¡TODOS A CANTAR E BAILAR!!!!!


 

 
E estas son as outras dúas cancións que cantarán e bailarán e que están en inglés:
 

 
 

13/1/13

INVERNO

Chegou xa o inverno, así que coma no resto das estacións aproveitamos a nosa asamblea diaria para coñecer distintos aspectos desta estación de diferentes formas: con poesías, cancións, refráns, adiviñas, examinando o tempo que fai cada día e observando os cambios que vemos ao noso redor.

POESÍAS:

CUANDO TENGAS MUCHO FRÍO,
SI EL INVIERNO YA LLEGÓ,
DA PALMADAS CON LAS MANOS,
FUERTE, FUERTE COMO YO.
¿VES? EL FRÍO SE MARCHÓ.

-------------------------------------------

HACE FRÍO, MUCHO FRÍO,
LAS NUBES SON DE CRISTAL,
EL SOL CASI NO CALIENTA
Y YO ME HE PUESTO A TIRITAR.

YO ME PONGO LA BUFANDA,
YO ME PONGO EL CHAQUETÓN,
UNOS GUANTES, UN BUEN GORRO,
Y EN CASA LA CALEFACCIÓN.


CANCIONES:




 
 
 
 
 
 
 
 
 

8/1/13

LIBRO DA SEMANA: "A GUERRA DOS NÚMEROS"

Para empezar este segundo trimestre a nosa mascota Paco o Rato nos deixou esta semana un libro novo titulado: "A guerra dos números".
Pareciunos moi bonito e interesante pero hoxe fixemos co conto unha actividade diferente: aprendemos cales son as tres partes principais dunha historia: INICIO-NUDO-FINAL.
Falamos de cales eran esas tres partes no conto e cada un debuxou o que ocurría en cada parte.

 
 
 
 
No enlace que vos deixo a continuación podedes ver este conto e outro feitos por nenos e nenas de outros colexios para un proxecto realizado entre a Consellería, a TVG e a Editorial OQO:
 

REGALOS DOS REIS MAGOS PARA A ESCOLA

O primeiro desexarvos a todos e todas un Feliz Ano 2.013 cargado de positividade, traballo e boas sensacións.
Os Reis Magos tamén pasaron pola escola e cando chegamos hoxe nos atopamos cuns paquetes con novos xoguetes para cada recuncho da aula:

 
- Uns puzles e un xogo do corpo humano para o recuncho dos puzles.
- Unha boneca que se chama Mica con roupa para o recuncho dos xogos.
- Un xogo para facer torres e ir sacando as de abaixo sen que se derrumbe para o recuncho das construcións e coches.
 - Unhas sementes para plantar nas nosas macetas e un pingüín ao que lle crece o pelo de herba.
 
¡¡Gustáronlles un montón!!
¡¡Gracias Reis!!