31/10/12

SAMAÍN E MAGOSTO

¡Vaia cabazas máis chulas trouxéchedes!

Estos son os preparativos que fixemos para celebrar o Samaín e o Magosto en Larín.

Moldeamos unhas "horribles arañas" e confeccionamos o antiface para o noso disfraz.



PREPARATIVOS SAMAÍN E MAGOSTO on PhotoPeach


Mirade que guapos estaban "Os morcegos de Rorís". Pronto colgarei tamén o resto das fotos da festa.



E por último elaboramos un libriño que titulamos "Dentro da castaña"



30/10/12

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2012


CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR CURSO 12-13

De conformidade co establecido na Resolución do 7 de setembro de 2012 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria realizarase próximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección do novo membro do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

-          A mestra responsable da EEI Rorís.

-          Un pai ou nai ou titor legal.

Este último será designado por sorteo público e no que se preverá a designación de membros suplentes. O sorteo se celebrará no centro o próximo mércores 7 de novembro ás 12:30h. Os pais e nais do centro deben actuar de testemuñas deste sorteo.

O censo de pais e nais está exposto no taboleiro de anuncios do centro.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar teñen como prazo entre o 7 e 14 de novembro e deberán seguir as instruccións que próximamente se farán públicas unha vez constituida a Xunta Electoral do Centro.

25/10/12

FEIRA HISTÓRICA ARTEIXO 1900 - ARTEIXO DE CINE

Seguro que moitos xa sabedes que se celebra esta fin de semana (26, 27 e 28) en Arteixo a XIII Feira histórica Arteixo 1900.
Parece todo moi interesante, pero o que más me chamou a atención son as actividades infantíns adicadas ao mundo do cine.
Como comentei na reunión pasada, imos realizar nas tres escolas un proxecto común durante todo o curso sobre o cine. Polo que me gustaría facervos unha recomendación, estaría xenial que poidésedes levar aos nenos/as a eses obradoiros para que vaian coñecendo distintos aspectos desta arte e logo os compartan con todos nós no cole.


 SÁBADO 27: obradoiros infantís:
- 16:00h: vestidos de película (praza da igrexa)
- 17:00h: maquillaxe no cine fantástico (praza do Balneario)
- 18:00h: constrúe a túa personaxe (praza do Balneario)

DOMINGO 28: obradoiros infantís:
- 17:00h: cadernos de debuxos animados (paseo fluvial)
- 18:30h: cinema mudo (paseo fluvial)
- 18:30h: contos de película de Ana Hermida (praza do Balneario)

(Se algún vai podería ser moi interesante que o luns nos trouxera á escola os traballiños que se fagan).




23/10/12

SAMAÍN

Aquí tedes un conto e un xogo con actividades sobre o tema estelar desta semana "O SAMAÍN".

SAMAÍN

CONTO: INDO PARA O SAMAÍN


E ahí van unhas cancións que aprenderemos estes días para ir preparándonos para a festa:







EL CORAZÓN

Ya estamos muy avanzados con nuestro proyecto sobre el cuerpo humano.
Conocimos ya los nombres de los órganos más importantes del cuerpo: cerebro, corazón, pulmones, intestino delgado e intestino grueso.
Ahora estamos conociendo y aprendiendo cosas de cada uno de estos órganos más detalladamente.
Comenzamos la semana anterior por el cerebro y vamos a trabajar esta semana con el corazón.

Ahí tenéis algún vídeo para conocer cómo funciona nuestro corazón:




20/10/12

MAGOSTO-SAMAÍN EN LARÍN


 
                               
 
FESTA MAGOSTO-SAMAÍN EN LARÍN

O próximo mércores 31 de outubro celebraremos na escola de Larín o Magosto e Samaín. É unha festa entre as escolas, só para os nenos/as.
         Cuestións a ter en conta para ese día:

-   Teredes que traer aos nen@s á escola (9:30h) e vir a buscalos á escola (14:30h).

-   Non teñen que traer a merenda habitual.

-   Teñen que vir vestidos de negro ou azul marino (camiseta, polo, xersei, chándal, pantalón, maias.. vale calqueira cousa pero que sexa desa cor). Non merquedes nada a propósito.

-   Os nen@s terán que traer o día anterior (martes) un bolsa de castañas picadas que asaremos o día da festa.

-   Traerán tamén o día anterior (martes) un brick baleiro de leite, cortado á metade e ben limpo.

 
Como o ano pasado faremos unha exposición de cabazas decoradas na aula. Traerán cada un a súa cabaza decorada o luns 29 de outubro á escola.

 Gracias pola vosa colaboración.
          Un saúdo.

MÚSICA E TEATRO

Os xoves temos clase de música e teatro. Imos alternando, unhas veces facemos música e outras imos perdendo un pouquiño a vergoña imaxinándonos que nos convertemos en persoaxes diferentes.

Mirade o ben que o pasamos (sobre todo aporreando o tambor). Creo que algún ten madeira de "gran percusionista". Así que pronto teremos unha sorpresiña......................



 
 
 
 

ANIVERSARIO DE ALEJANDRO

O mércores 17 de outubro celebramos o cumpre de Alejandro, ¡¡que maior é xa!! ¡¡Nada menos que 6 anos!!

Celebrámolo cun biscoito boísimo que nos trouxo (¡¡repetiron todos!!) e con zume.

¡¡¡FELICIDADES ALEJANDRO!!!



16/10/12

ARTISTA DEL MES: Alejandro Sanz

Este curso en la asignatura de música dedicaremos cada mes a un artista, grupo o compositor.
Cada mes un niño/a será el encargado de realizar el mural correspondiente con la ayuda de la familia.
Con este mural nos contará quién es, qué tipo de música canta o compone, vida, obra, fotos, canciones importantes, datos relevantes...
Este mes, por sorteo, les ha tocado realizar el mural a Jose, Carmen y Víctor sobre ALEJANDRO SANZ.

Aquí os dejo una de sus primeras canciones para ir ubicándonos en su estilo musical.


"Pisando fuerte"

 
 
 
 
Y una de sus canciones más conocidas:
 
"Corazón partido"
 
 

 

A NOITE DAS MUDANZAS

O libro que esta semana nos recomenda a nosa mascota "Paco o rato" é:

"A noite das mudanzas". Pep Bruno & Lucie Müllerová. OQO.

Podedes ver e escoitar a continuación o conto enteiro e así compartir xuntos na casa esta historia na que o protagonista é: O GRANXEIRO LEIRO


10/10/12

SOMOS OUTONO

Titulamos así a unha actividade que realizamos con algúns dos produtos de outono que trouxeron os nenos/as.
Cada un ía escollendo o que necesitaba para realizar o seu propio retrato e así de ben lles quedaron:





4/10/12

MONTANDO UNA MESA

Hoy nos convertimos en pequeños "carpinteros" y aprendimos a montar una mesa siguiendo los pasos que nos marcaban las instrucciones:

1. Comprobar si está todo el material que marca el envoltorio.
2. Nombrar todo el material: tablero, patas y tornillos.
3. Colocar un tornillo en cada agujero del tablero.
4. Colocar cada pata en cada tornillo y dar vueltas hasta que notamos que no gira más.
5. ¡¡¡¡Lista para usar!!!!

¡¡¡¡QUÉ FÁCIL FUE!!!!

¡¡¡¡O OUTONO CHEGOU Á ESCOLA DE RORIS!!!!

¡GRACIAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN! ¡CANTO TRABALLÁCHEDES!

Todos os nenos/as trouxeron un montón de follas diferentes e todas clasificadas e froitos de outono.
A pretensión era facer algunha manualidade outonal, pero con tanta información e material o que faremos será a confección dun HERBARIO.

Aquí tedes as fotos para que vexades como quedou o noso recunchiño de outono:


O OUTONO CHEGOU Á ESCOLA DE RORIS on PhotoPeach

2/10/12

CORRE, CORRE CABACIÑA

O conto desta semana que nos recomenda Paco o rato é "Corre, corre cabaciña".
Os maiores xa o coñecían porque o lemos o curso pasado, e como lles gusta tanto decidimos lelo de novo para que o coñeceran os máis pequenos, ¡¡¡e como lles gustou!!!!

Fixemos como cada martes a ficha do conto, pero aínda faremos algo máis esta semana sobre o conto.

O que nos toca agora e aprendernos a canción.

 
 
 
Fixemos tamén unha actividade que nos divertiu moito, pintamos a cabaciña como a que levaba a avoa e lle picamos unha ventá e ao abrila: ¡¡¡tachán!!! ¡¡¡¡saímos cada un de nós!!!!
 
 
 



PROTEXÉMONOS DOS PIOLLOS

Coa chegada do outono iníciase a proliferación dos PIOLLOS.
Estade alerta e revisade de cando en vez as cabezas dos nenos/as.
Avisade á escola e tomade as medidas oportunas.
Aquí vos deixo unhas páxinas web donde se explica moi ben como eliminalos.


 



("Crucemos os dedos para que non teñamos que combatilos, pero nunca está de máis aprender cousas novas").

1/10/12

PROXECTO "O CORPO HUMANO"

Comezamos xa un dos proxectos que faremos neste trimestre "O corpo humano". Éste será un proxecto anual xa que estaremos afondando nel durante todo o curso. Neste primeiro trimestre nos centraremos principalmente nos "Órganos do noso corpo" ou dito doutro xeito "¿Como somos por dentro?".

Comezamos a andadura deste proxecto coa pregunta:

- ¿QUE SABEMOS DO NOSO CORPO? ¿QUE SABEMOS DO CORPO HUMANO?

Saliron moitas cousas, moitos nomes... pero que nos custaba localizar ou explicar para que servían. Así que isto é o que imos intentar averiguar coa realización deste proxecto.

 
De momento xa fixemos varias cousas que iremos mostrando en breve. Aquí tedes algún vídeo que xa vimos e algún xogo que utilizamos para, sobre todo, coñecer vocabulario. E incluso imos a aprender un "rap", ¡aprendédeo con nós para cantar na casa!