16/5/13

15 DE MAIO: DIA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Celebrouse onte 15 de maio o Día Internacional das Familias.
Para homenaxear ás familias dos nenos/as da nosa escola lles fixemos uns pequenos detalles para que tiveran de recordo. É un peixiño de cores para colocar na neveira.



Logo fixemos tamén outro agasallo que sirve de xogo para reforzar a autoestima. O xogo o fixemos primeiro na clase. A cuestión era: Dentro desta caixiña hai algo moi especial para cada un, ídelo ver pero non llo podedes dicir a ninguén. Así todo ían mirando o que había dentro. Ao rematar ía preguntando o que viran e xa na primeira resposta salíu: ¡¡¡un espello!!!
- Pero, ¡¡seguro que é un espello!
- Seguro que non víchedes nada máis?
- Síii, son eu.

Ao mirar na caixa víase cada un, por eso dicíamos que era algo MOI ESPECIAL.



É un bo xogo para facerlle a cada membro da familia e facer que se sintan especiais.

FELICIDADES FAMILIAS POR TODO O TRABALLO E ADICACIÓN QUE TEDES COS VOSOS FILLOS/AS!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG