FESTIVAL
LETRAS GALEGAS 2.013 EN A LAGOA
FESTIVAL
E HORARIO: o próximo mércores 15 de maio celebraremos en A
Lagoa o festival das Letras Galegas deste ano 2.013.
As actuacións dos nenos/as comezarán ás 11:30h ata as 12:30h e a merenda
será de 12:30h a 13:30h.
O Día das Letras Galegas
adícase este ano ao escritor, dramaturgo e cineasta Roberto Vidal Bolaño, polo
que as actuacións basearanse en distintas formas de representación teatral. A
entrada que levarán en vindeiros días a teredes que entregar o día do festival
para pasar ao “teatro”.
BUS:
ese día o bus recollerá aos nenos na súa parada media hora máis tarde do
habitual.
VESTIMENTA: ese día os nenos irán vestidos con pantalón
vaqueiro ou azul e camiseta branca e as nenas con camiseta branca, unha
falda calqueira e medias brancas. Terán que traer tamén uns día antes da
actuación unas gafas de sol e unha bufanda de algún equipo de fútbol. Se algún
non ten avisádeme porque eu podo ter algunha de
máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG