ARRIBA O PANO!!!!!
Celebramos o pasado mércores 15 de maio o Festival Letras Galegas 2.013 na escola de A Lagoa.
O tema do festival xirou en torno ao teatro, xa que o autor homenaxeado este ano, Roberto Vidal Bolaño, estaba moi vinculado a esta arte.
En primeiro lugar, realizamos entre as tres escolas un teatro de sombras para explicar a vida de Vidal Bolaño.
Seguidamente, recitamos cada escola un anaco de algunha das súas obras.
A nosa escola puxo en escena unha obra de teatro en inglés titulada "The elephant and the bad baby".
Logo, os máis maiores da escola de A Lagoa representaron a obra "O galo Quirico".
Os nenos e nenas de Larín interpretaron un remix de cancións míticas do "Xabarín Club".
Os nosos artistas cantaron e interpretaron unha canción do último disco de Mamá Cabra, "A miña tía".
E por último, os máis pequenos de A Lagoa cantaron e representaron "Unha vella tiña un can".
Este foi o noso festival para conmemorar o Día das Letras Galegas. Quedou chulísimos e todos os nenos e nenas o fixeron xenial.
Aquí tedes os nenos/as de Rorís preparando os decorados e instrumentos que utilizaron. Gracias ás familias que nos axudaron e á teacher pola súa paciencia (porque aprendernos os textos en inglés nos costou un pouquiño).
DECORADOS E VESTIARIO on PhotoPeach
E estas son as fotos do festival, actores e actrices en acción. Cando teña os vídeos os colgarei tamén:
AS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL on PhotoPeach