20/4/12

VISITA SORPRESA Á ESCOLA DE A LAGOA

Sen esperalo hoxe tivemos unha excursión e visita moi agradable á escola de A Lagoa.
Ante unha indisposición da mestra de relixión tivemos que facer o que temos como norma ante unha situación inesperada como ésta, levar aos nenos/as á outra das escolas.
Asi que fóronse alá de excursión ata que eu cheguei e non vexades o contentos que estaban, tanto os nosos polo cambio como os da Lagoa pola visita.
Resultou unha xornada diferente e moi enriquecedora porque realizamos así unha inesperada gran clase e convivencia cos nosos compañeiros/as.
Aquí os tedes traballando un pouquiño (co grande que vían a escola estaban encantados)




No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG