30/4/12

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2012

O mércores 16 de maio celebraremos na Escola de Larín o Día das Letras Galegas.
Como xa sabedes este ano está adicado ao escritor Valentín Paz Andrade.
Mandarémosvos en vindeiros día o horario da festa.

Valentín Paz Andrade tivo durante toda a súa vida moita relación coa pesca e o mundo do mar. Necesitamos que nos enviedes durante esta semana REFRÁNS  relacionados con este tema ou con outros oficios tamén tradicionais como pastor, ferreiro, carpinteiro...

Como queremos que tamén vós participedes un pouco da festa nos gustaría que elexírades algún dos poemas de Rosalía de Castro (este ano se celebra o 175 aniversario do seu nacemento)para que recitedes ese día (¡se poden ler, así que ánimo!).
Aquí tedes o enlace para entrar na páxina onde podedes encontrar moitos poemas dela.

Poemas Rosalía de Castro

Tamén se queredes podedes cantar algunha canción tradicional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG