26/4/12

LETRAS GALEGAS 2012: VALENTÍN PAZ ANDRADE

Este ano adícase o Día das Letras Galegas á figura de Valentín Paz Andrade.



No seguinte enlace podedes saber cousiñas sobre el e a súa obra e realizar distintas actividades:

Biografía e actividades para educación infantil

Biografía e actividades para o 1º ciclo de primaria


Nós na clase estamos aprendendo un dos seus poemas:

A FLAUTA DE BERNARDINO (poema recitado)

AO MONTE VAN AS OVELLAS
DE CABALO DO MENCER,
BERNARDINO VAI CON ELAS.

A FLAUTA DE BERNARDINO
CISCOU UN SOLO NO AR,
PASTORILEIRA DE TRINO.

A FAME A FLOR DE FOCIÑO
FURGA O VERDE PAN NA NEVE,
CADA BOCA SEU FOLIÑO.

¡¡¡Axudádenos na casa a practicala porque a temos que aprender para o festival!!!

Este poema ademais de recitalo tamén o imos cantar. Despois de moito pensar e probar finalmente será coa música da canción "O rodaballo" ¿coñecédela non? ("Nunha lancha de Marín, coa proa de Carballo....). Así que quedáría deste xeito:

A FLAUTA DE BERNARDINO (canción):

AO MONTE VAN AS OVELLAS
DE CABALO DO MENCER.
AO MONTE VAN AS OVELLAS
DE CABALO DO MENCER.
BERNARDINO VAI CON ELAS UI AI AI UI AI AI
AO MONTE VAN AS OVELLAS.

A FLAUTA DE BERNARDINO
CISCOU UN SOLO NO AR                                BIS
PASTORILEIRA DE TRINO AI AI IE

A FAME A FLOR DE FOCIÑO
FURGA O VERDE PAN NA NEVE,
A FAME A FLOR DE FOCIÑO
FURGA O VERDE PAN NA NEVE,
CADA BOCA O SEU FOLIÑO UI AI AI UI AI AI
A FAME A FLOR DE FOCIÑO.

A FLAUTA DE BERNARDINO
CISCOU UN SOLO NO AR                                BIS
PASTORILEIRA DE TRINO AI AI IE

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG