Éste é un conto precioso onde se fomenta sobre todo o valor da COOPERACIÓN.
Todos os animais desde facía tempo tiñan unha inquedanza, querían descubrir a que sabía a lúa. Así que comezaron a subirse uns enriba dos outros para tentas alcanzala. A lúa que tiña ganas de xogar e se ía afastando cada vez máis. Ata que chegou o rato, como o vía tan pequeno e ela xa estaba cansa do xogo, se quedou quieta e o rato arrincoulle un anaquiño. Doulle a probar ao resto dos animais e a cada un deles sóubolles ao que máis lles gustaba..
Despois de facer o debuxo do conto aprendemos tamén unha pequena canción sobre el:
A lúa sabe a queixo,
a mel e chocolate,
a froita ben madura,
a limón e a tomate.
Déixovos aquí unhas actividades sobre o conto para que comprobedes se o entendéchedes ben:
Tamén podedes ver nestes vídeos o mesmo conto narrado e coas imaxes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG