20/10/12

MAGOSTO-SAMAÍN EN LARÍN


 
                               
 
FESTA MAGOSTO-SAMAÍN EN LARÍN

O próximo mércores 31 de outubro celebraremos na escola de Larín o Magosto e Samaín. É unha festa entre as escolas, só para os nenos/as.
         Cuestións a ter en conta para ese día:

-   Teredes que traer aos nen@s á escola (9:30h) e vir a buscalos á escola (14:30h).

-   Non teñen que traer a merenda habitual.

-   Teñen que vir vestidos de negro ou azul marino (camiseta, polo, xersei, chándal, pantalón, maias.. vale calqueira cousa pero que sexa desa cor). Non merquedes nada a propósito.

-   Os nen@s terán que traer o día anterior (martes) un bolsa de castañas picadas que asaremos o día da festa.

-   Traerán tamén o día anterior (martes) un brick baleiro de leite, cortado á metade e ben limpo.

 
Como o ano pasado faremos unha exposición de cabazas decoradas na aula. Traerán cada un a súa cabaza decorada o luns 29 de outubro á escola.

 Gracias pola vosa colaboración.
          Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG