CONSTITUCIÓN
DA XUNTA ELECTORAL
ELECCIÓNS
CONSELLO ESCOLAR CURSO 12-13
De
conformidade co establecido na Resolución do 7 de setembro de 2012 da Dirección
Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria realizarase próximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de
participación na vida escolar de todos os sectores educativos do colexio.
A
organización e a supervisión do procedemento de elección do novo membro do
Consello Escolar estará a cargo da Xunta
Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
-
A mestra responsable da EEI Rorís.
-
Un pai ou nai ou titor legal.
Este
último será designado por sorteo público e no que se preverá a designación de
membros suplentes. O sorteo se celebrará no centro o próximo mércores 7 de novembro ás 12:30h. Os pais
e nais do centro deben actuar de testemuñas deste sorteo.
O
censo de pais e nais está exposto no
taboleiro de anuncios do centro.
Aqueles
membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para
formar parte do novo Consello Escolar teñen como prazo entre o 7 e 14 de
novembro e deberán seguir as instruccións que próximamente se farán públicas
unha vez constituida a Xunta Electoral do Centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG