25/10/12

FEIRA HISTÓRICA ARTEIXO 1900 - ARTEIXO DE CINE

Seguro que moitos xa sabedes que se celebra esta fin de semana (26, 27 e 28) en Arteixo a XIII Feira histórica Arteixo 1900.
Parece todo moi interesante, pero o que más me chamou a atención son as actividades infantíns adicadas ao mundo do cine.
Como comentei na reunión pasada, imos realizar nas tres escolas un proxecto común durante todo o curso sobre o cine. Polo que me gustaría facervos unha recomendación, estaría xenial que poidésedes levar aos nenos/as a eses obradoiros para que vaian coñecendo distintos aspectos desta arte e logo os compartan con todos nós no cole.


 SÁBADO 27: obradoiros infantís:
- 16:00h: vestidos de película (praza da igrexa)
- 17:00h: maquillaxe no cine fantástico (praza do Balneario)
- 18:00h: constrúe a túa personaxe (praza do Balneario)

DOMINGO 28: obradoiros infantís:
- 17:00h: cadernos de debuxos animados (paseo fluvial)
- 18:30h: cinema mudo (paseo fluvial)
- 18:30h: contos de película de Ana Hermida (praza do Balneario)

(Se algún vai podería ser moi interesante que o luns nos trouxera á escola os traballiños que se fagan).




No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG