Hoxe luns 26 de marzo fomos de visita ao Centro Cívico de Arteixo onde fixemos varias actividades.
¡Foi unha mañá moi intensa!
- Saímos ás 9:45h do cole e fomos recoller aos nosos compañeiros de Larín.
- Chegamos a Arteixo e nos encontramos cos nenos/as de A Lagoa.
- Visitamos a biblioteca e nos explicaron as normas un pouquiño. Poidemos ler e mirar algún libro.
- Saímos a merendar e a xogar un chisquiño no parque. ¡Vaia día tan fermoso que facía!
- Tivemos sesión de Contacontos, a moza contounos 3 historias: unha versión diferente de Pinocho, a sapa Sapiña e unha dun pirata que ía no seu barco.
- Concerto: os mozos nos explicaron os instrumentos que traían que eran un acordeón, unha zanfona, un tambor e unha gaita. Escoitamos música, bailamos e cantamos.
- E de volta para a escola.
¡Buff xa non podíamos máis! (algún case queda a durmir no bus)
¿Podedes ver ben este vídeo?
ResponderEliminarPOR FIN LOGREI COLGAR O VIDEO DA SAÍDA, PERO NON SEI POR QUE VAI AO REVÉS, EMPEZA POLAS FOTOS DO FINAL. COMO VEDES AÍNDA ESTOU UN POUCO "VERDE" NESTO PERO IMOS PROGRESANDO
ResponderEliminar