7/3/12

PROXECTO ARTE

Levamos desde xaneiro inmersos nun proxecto que nos encanta e que lle puxemos por nome "Somos pequenos artistas".
Do proxecto sacamos a temática para a celebración deste ano na escola de A Lagoa do Entroido. Convertimos a escola nun museo que enchemos das obras que fixeron os nosos pequenos artistas.
Os nenos/as de Roris aprendemos e fixemos moitas cousas de Andy Warhol e Vincent Van Gogh que en días vindeiros vos iremos mostrando.
Pero como o proxecto nos gustou moito seguimos traballando nel e aprendendo agora aspectos da arte e da plástica en xeral.
E ¿que aprendemos hoxe?
Pois a diferencias entre COLORES CÁLIDOS E COLORES FRÍOS. Cada neno/a fixo o mesmo debuxo dúas veces, un pintado con cores cálidas e o outro coas frías. Aquí tedes o resultado:


Tamén empezamos a facer nos nosos blocks de debuxo un bosque de árbores diferentes. A idea xurdiu de que estamos lendo un libro titulado "Pintura y escultura" e os protagonistas fixeron un que lles quedou chulísimo, así que nós quixemos probar a ver que tal nos quedaba. Aquí tedes algúns traballos:




Aquí tedes os bosques rematados hoxe:







No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG