Seguimos traballando no noso
proxecto de arte, e hoxe fixemos algo moi brillante. Plasmamos nunha cartulina a noite, a escuridade. Utilizamos, algúns, cartulinas negras e outros cartulinas azul escuro; fixemos puntos de luz con rotuladores dourados e prateados (como nos gusta usar estes rotuladores); pegamos boliñas de papel de seda amarelas; pegamos trozos de papel celofán azul; debuxamos a lúa con tiza branca e pegamos trociños de papel prateado.
¿Gústavos como nos quedou a
ESCURIDADE?
Hoxe tamén aprendemos
novos conceptos de plástica. A profe nos dixo que a partir dun punto se poden facer moitos debuxos (aínda que xa o sabiamos, porque esto mesmo xa o aprenderamos en inglés con teacher Ana).
¿Que novas palabras aprendemos? PUNTO, LIÑA, RECTA, HORIZONTAL, VERTICAL, DIAGONAL, CURVA, QUEBRADA.
Aquí tedes algúns dos nosos traballos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG