29/4/13

ACTIVIDADES RELACIONADAS CO DÍA DO LIBRO

Durante a semana pasada comezamos varias actividades relacionadas co Día do Libro e realizamos varios traballiños:

- MARCAPÁXINAS DE PACO O RATO: para usar nas nosas lecturas de contos. No reverso ten a canción que nos ensinou a nosa mascota e que cantamos os martes, xa que é o día en que Paco o rato nos recomenda os seus libros favoritos.



CHEGAN OS MARTES,
HORA DO CONTO.
PACO O RATO TRAE HISTORIAS,
PARA QUE LEAMOS XUNTOS.

ORELLAS PUNTIAGUDAS,
OLLOS DE SAPO,
BOQUIÑAS DE PIÑÓN
E ATENTOS UN MONTÓN.

- VISITAS DE PACO O RATO NAS NOSAS CASAS: a nosa mascota comezou a súa andadura polas nosas casas. Todos teredes a oportunidade de telo por casa, onde xogaredes con el, leredelles contos e presentáredelo ás vosas familias. Escribiredes a vosa experiencia con el, faredes debuxos e lle sacaredes fotos.

- GUIÓN PARA A NOSA PELÍCULA SOBRE O CONTO "ROSA CARAMELO": estamos facendo o guión da que será a nosa película sobre este conto.




1 comentario:

  1. Gustaronnos moito os vosos marcapáxinas. Moitas grazas por felicitarme. Laura

    ResponderEliminar

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG