23/4/13

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Celebramos hoxe 23 de abril o Día do libro na escola de Rorís cos compañeiros/as de Larín e A Lagoa.
Tivemos unha actividade promovida polo Concello chamada "Contando historias" onde a monitora nos contou varias historias, participamos nelas e incluso chegamos entre todos a inventar unha desas historias.
Despois emprendemos camiño hacia o parque de Armentón onde merendamos, xogamos e prantamos tres castiñeiros en conmemoración deste día.
En canto faga recopilación de fotos colgareinas e tamén das actividades que fixemos esta semana en relación co día do libro.






Pero, xa que hoxe é o día do libro, unhas preguntiñas:
- ¿Cal é o teu libro preferido?
- ¿Que libro estás lendo agora?
E para mamás e papás:
- ¿Cal era o voso libro favorito cando érades pequenos?

Na escola un dos libros que máis gustou este ano foi "Rosa Caramelo", tanto que estamos empezando a facer a nosa propia versión en forma de guión e que convertiremos en película hacia final de curso.

Na miña infancia eu lía moito unha colección duns nenos/as chamados "Hollister" e me gustaba moitísimo "El pequeño Nicolás".
Agora mesmo estou lendo "La marca del meridiano" de Lorenzo Silva.
Animádevos a deixar os vosos comentarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG