11/3/13

PROXECTO GALICIA: A FLORA

Esta semana no proxecto de Galicia falamos do tema da flora máis abundante en Galicia. Buscamos información en internet e nun libro que temos na clase sobre árbores de Galicia.
Había moita información e moita variedade, pero decidimos quedarnos só con aqueles nomes que máis nos soaban.
Así que nos quedamos con: eucaliptos, carballos, castiñeiros, piñeiros, toxos e acivro.
Cada un escribiu o nome e debuxou mirando as imaxes das fotos que buscáramos en internet.
Pero para que viran como son en realidade e as compararan coas que eles debuxaron pedimos que trouxeran unha folla de cada unha destas árbores/arbustos.
Ao día seguinte xurdiu a seguinte cuestión: Os castiñeiros e castaños agora non teñen follas, ¿por que será?
Así que explicamos a diferenza entre árbores de folla caduca e árbores de folla perenne.
Aquí están as follas que trouxeron (hai de castiñeiros e carballos secas):

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG