8/1/13

REGALOS DOS REIS MAGOS PARA A ESCOLA

O primeiro desexarvos a todos e todas un Feliz Ano 2.013 cargado de positividade, traballo e boas sensacións.
Os Reis Magos tamén pasaron pola escola e cando chegamos hoxe nos atopamos cuns paquetes con novos xoguetes para cada recuncho da aula:

 
- Uns puzles e un xogo do corpo humano para o recuncho dos puzles.
- Unha boneca que se chama Mica con roupa para o recuncho dos xogos.
- Un xogo para facer torres e ir sacando as de abaixo sen que se derrumbe para o recuncho das construcións e coches.
 - Unhas sementes para plantar nas nosas macetas e un pingüín ao que lle crece o pelo de herba.
 
¡¡Gustáronlles un montón!!
¡¡Gracias Reis!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG