Entroido 2.013
rorís
Como xa vos comentei a principio de curso este ano celebramos en Rorís a festa do Entroido.
O tema central da festa será o CINE. E na nosa escola representaremos e escenificaremos unha película moi coñecida que trata dos anos 50 estadounidenses: “GREASE”.
A continuación vouvos comentar varias aspectos a ter en conta para a festa e os disfraces:
- FESTA: se celebrará na escola de Rorís o venres 8 de febreiro. En vindeiras notas informativas se indicará o horario.
- PREPARACIÓN DA FESTA: faremos unha reunión para concretar os asuntos relacionados coa merenda dese día o 28 de xaneiro ás 18:00h na escola.
- DISFRACES: Alejandro, Hugo, Jose, Víctor, Dani e Jacobo irán con pantalón vaqueiro, camiseta branca de manga curta e unha cazadora (se a teñen vaqueira mellor senón vale calqueira cazadora). Samuel igual, salvo a camiseta, que ten que ser de cor negra. O día da festa teredes que poñerlles gomina no pelo e facerlles tupé.Para as nenas a nai de Sara ofreceuse a facerlles as faldas e uns pañuelos para as catro; así que ese día virán só con medias ou pantys brancos e unha camisa de manga curta branca. Sara terá que vir tamén toda de negro ou marrón e traer unha chaqueta branca.
- ESCENARIO: na clase cos nenos/as faremos algunha cousa pero me gustaría pedir se a alguén se apetecería facernos un coche de cartón estilo ao da peli e unha máquina de poñer música como as desa época tamén de cartón. O que queira colaborar que mo escriba na libreta dos recados.
- TEXTOS E CANCIÓNS: os nenos/as terán que aprenderse algunhas frases e as cancións. Nos próximos días vos enviarei os textos. As cancións podedes encontralas xa no blog.
Gracias a todos/as. Calqueira dúbida chamades ou escribides na libreta.
Saúdos. Ana
No hay comentarios:
Publicar un comentario
DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG