PROXECTOS:
GALICIA E O CORPO HUMANO
Como sabedes estivemos traballando durante
este primeiro trimestre sobre dous proxectos que continuaremos ao longo do
curso: un de xeografía (GALICIA) e outro sobre o corpo humano (PARTES E ÓRGANOS
PRINCIPAIS DO CORPO).
Como remate dos dous proxectos neste trimestre gustaríame
solicitar a vosa axuda en dous pequenos traballos:
·
GALICIA: durante o resto do curso estaría ben
que trouxérades postais de lugares que visitedes vós ou familiares tanto de
dentro de Galicia coma do resto de España. Adicaremos un recuncho da aula a
colgar as postais dos distintos lugares.
·
CORPO HUMANO: só hai que respostar a unha
pregunta “¿Que contén unha gotiña de sangue?”. A resposta pode estar escrita o ser un debuxo.
Á
volta das vacacións de Nadal seguiremos con este tema así que si tedes libros
ou revistas de consulta sobre o tema as podedes traer, xa que temos un recuncho
na aula con toda a información que temos do cole: libros, puzles, maquetas,
contos…
No hay comentarios:
Publicar un comentario
DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG