27/11/12

PREPARATIVOS FESTIVAL DE NADAL


PREPARATIVOS FESTIVAL DE NADAL E ADORNOS DE NADAL

O vindeiro venres 21 de decembro celebraremos en Larín o festival de Nadal deste ano 2.012. Xa estamos comezando cos preparativos, polo que pedimos a vosa colaboración para algunhas cousiñas:

-   Os nenos/as bailarán e cantarán unha panxoliña titulada Mi burrito sabanero (está no blog para que practiquedes cos nenos/as). O día do festival terán que vir vestidos de gris ou de marrón (elexide do que teñades na casa, ou todo gris-parte de arriba e de abaixo- ou todo marrón-parte de arriba e de abaixo-). O que sí necesito saber antes do 10 de decembro é a cor que vai traer cada un para facer orellas e rabo da mesma cor que a roupa.

-    Necesitamos para esta semana paos de madeira (como os dos xeados) e unha revista calqueira (é para recortar imaxes, así que vale de calqueira tipo).

-   A árbore que levan fotocopiada é para que a decoredes entre todos na casa, poñendo a voar a vosa imaxinación, e que a traian rematada o luns 10 de decembro.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG