Xa rematou o curso 11-12 e os nenos/as de Rorís vivimos
moitas experiencias novas e enriquecedoras. Aprendimos moitas cousas novas e
moi importantes (non só letras, números, conceptos…) senón outras que se cadra
son moito máis importantes e que aínda que agora somos todavía moi cativos para
comprendelas ben, cando teñamos algúns aniños máis lembraremos o que nos decían
aquelas profes de infantil cando nos falaban de: saber escoitar aos demais,
esperar o turno para falar, compartir, o valor da amizade, do compañerismo, o
respecto ás persoas, que as cousas se resolven falando tranquilamente e non
berrando nin pelexando… e pensaremos que tiñan algo de razón cando nos
ensinaban todo isto.
Así que agora o que queda é desfrutar do verán, do sol, das vacacións, da familia, dos amigos....
Pasádeo todos/as moi ben e ¡¡¡¡ata a volta!!!!!!
Feliz verán profe!
ResponderEliminarCon todo o que traballades, tendes as vacacións ben merecidas. . .
Bibi. (Piratas da Ría)
Moitas gracias profe Bibi.
ResponderEliminarFeliz verán para vós tamén que os tedes igualmente merecido e ademais xa para primaria que maiores!!!!
Moitos bikos