EXCURSIÓN FIN DE CURSO
“CASA DAS ABELLAS” - BETANZOS – VIAXE EN TREN
·
ITINERARIO:
- Saída da escola: Todos
os nenos/as estarán na escola ás 8:50h
da mañá. Teredes que levalos vós, ese día non haberá servizo de bus
escolar. O bus nos recollerá na escola ás 9:00h despois de recoller aos nenos
de A Lagoa, logo recolleremos aos compañeiros/as de Larín.
- “Casa das abellas”: a partir das 10:00h realizaremos distintas actividades alí cos
monitores. Ao remate tomaremos unha pequena merenda que xa nos leva a profe.
- Parque do pasatempos de Betanzos: desde o Concello de Betanzos nos teñen
preparado un percorrido polo parque do Pasatempo. Comeremos alí mesmo. Cada
neno/a levará a súa comida.
- Viaxe en tren: realizaremos a viaxe en tren desde Betanzos a Coruña. Á
chegada nos ensinarán como é a estación e as locomotoras antigas que alí teñen.
- Volta á escola: faremos a viaxe de volta á escola en bus. Chegaremos
sobre as 16:30h – 17:00h, aproximadamente. Tedes que recoller aos nenos/as na propia escola.
·
INDICACIÓNS
E RECOMENDACIÓNS:
- Mochila: cada neno/a levará a súa propia mochila coa súa comida para a hora de xantar (mandádelle o que vós saibades
que van comer), unha botelliña de
auga e NADA MÁIS.
- Crema solar: botádelle crema solar nos brazos e cara antes de
saír da casa. Se fixera moito sol ese día xa lles botaría eu máis se fixera
falta.
- A profe levará:
unha pequena merenda para media mañá para todos, as viseras que eles teñen no
cole, toalliñas húmidas, clínex, unhas muda e os vosos teléfonos.
·
PREZO:
- O prezo total da
excursión son sobre 10€.
A escola sufragará sobre o 50%, o resto o teredes
que aboar as familias. Polo tanto, cada neno/a terá que
traer 4€. Hai que traelos o
luns á escola.
Calqueira dúbida chamades ou pasades pola
escola para poder resolvela.
Un saúdo
A titora
No hay comentarios:
Publicar un comentario
DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG