9/5/12

PREPARANDO O FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS NA ESCOLA DE LARÍN

Hoxe pola mañá foi un día moi diferente no que fixemos un lote de cousas moi distintas a unha xornada normal na nosa escola:

- ¡¡¡¡Comezamos os ensaios xerais cos nosos compañeiros/as das outras escolas na de Larín!!!!

Aínda temos todo un pouco "verde", así que no cole e na casa teremos que seguir practicando.

- Xogamos moito cos outros nenos e nenas a moitas cousas nese patio tan grande que teñen, merendamos e fixemos adornos para a decoración do lugar da festa.

O próximo luns repetiremos porque aínda nos quedaron cousiñas por facer.

¡Familias animádevos a elexir un poema de Rosalía para recitar!, que a nós tamén nos fai ilusión escoitarvos.

Aquí tedes o ben que o pasamos:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG