12/9/12

NORMAS BÁSICAS DE INICIO DE CURSO


Aquí tedes unha serie de normas básicas necesarias para o día a día da escola, aínda que case todos xa as coñecedes do curso pasado nunca está de máis facer un pequeño recordatorio.

·                     Todos os nenos/as teñen que ter na escola unha visera, un vaso, unha caixa de pañuelos de papel, un paquete de toalliñas húmidas e unha muda. (Todo isto xa o teñen case todos na escola).

·                     O mandilón e as chaquetas teñen que ter unha cinta para poder colgalos nas perchas. O mandilón irá todos os venres a casa para lavar.

·                     Recados: todos os días os nenos/as levarán a libreta para casa para o intercambio de recados e informacións varias. Vós podedes escribir, eu escribirei e eles tamén o farán para darlles así máis autonomía e responsabilidades.

·                     Proxecto lector: para continuar na casa a mesma liña de traballo da escola en canto ao tema da animación á lectura os nenos/as levarán todos os venres un libro para ler a fin de semana. Terán que facer unha pequena ficha sobre o conto que será así: título do conto, debuxo do conto e pequeno resumo (explicarei na reunión como o fará cada nivel).

·                     1ºEP e 2º EP: os nenos/as de EP, ademais do conto, levarán tamén os venres unha ficha de mate ou lingua para reforzar os contidos traballados. Pediríavos tamén que intentásedes que cada día tiveran un ratiño adicado a ler, e así avanzar entre todos nesta aprendizaxe.

·                     Merendas: para intentar que os nenos/as se conciencien do importante que é levar unha dieta sá e equilibrada seguiremos co mesmo calendario para as merendas.

 

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
lácteos
+bebida
cereais/froitos
secos+bebida
bocata
+bebida
froita
+bebida
libre
(iogur, queixo…)
(galletas, tortas de millo, froitos secos, barriñas de cereais…)
 
 
 

Bebida: auga, zume, leite, iogur de beber…

Cada neno/a terá que traer unha servilleta (serve de papel).

·                     Cumpreanos: para a celebración dos cumpreanos na clase gustaríame que non lles enviárades paquetes de chuches, nin gusanitos, nin caramelos…, senón por exemplo algo feito por vós con eles na casa como un biscoito para compartir ese día cos compañeiros. O día que teñemos cumpreanos avisareivos para que non lles enviedes a merenda habitual.

·                     Horario: como xa sabedes, ademais do traballo dos contidos que nos marca a lexislación, e os nosos proxectos, realizamos actividades doutras áreas como inglés, música, psicomotricidade, relixión e novas tecnoloxías. Terán inglés os luns e mércores(a mestra seguirá sendo Ana), psicomotricidade os martes e venres (polo que terán que vir en chándal), música os xoves, relixión os venres e o uso dos ordenadores e outros será diario.

Calqueira pregunta que teñades resolverémola o día da reunión e non dubidedes en comentar as vosas inquedanzas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS PARA QUE SE ENRIQUEZCA O BLOG