Aquí tedes unha serie de normas básicas necesarias para o día a día da
escola, aínda que case todos xa as coñecedes do curso pasado nunca está de máis
facer un pequeño recordatorio.
·
Todos os nenos/as teñen que ter na
escola unha visera, un vaso, unha caixa de pañuelos de papel,
un paquete de toalliñas húmidas e unha muda. (Todo isto xa o teñen case todos
na escola).
·
O mandilón e as chaquetas teñen
que ter unha cinta para poder colgalos nas perchas. O mandilón irá todos os
venres a casa para lavar.
·
Recados: todos
os días os nenos/as levarán a libreta para casa para o intercambio de recados e
informacións varias. Vós podedes escribir, eu escribirei e eles tamén o farán
para darlles así máis autonomía e responsabilidades.
·
Proxecto lector:
para continuar na casa a mesma liña de traballo da escola en canto ao tema da
animación á lectura os nenos/as levarán todos os venres un libro para ler a fin
de semana. Terán que facer unha pequena ficha sobre o conto que será así:
título do conto, debuxo do conto e pequeno resumo (explicarei na reunión como o
fará cada nivel).
·
1ºEP e 2º EP: os
nenos/as de EP, ademais do conto, levarán tamén os venres unha ficha de mate ou
lingua para reforzar os contidos traballados. Pediríavos tamén que intentásedes
que cada día tiveran un ratiño adicado a ler, e así avanzar entre todos nesta
aprendizaxe.
·
Merendas:
para intentar que os nenos/as se conciencien do importante que é levar unha
dieta sá e equilibrada seguiremos co mesmo calendario para as merendas.
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
lácteos
+bebida
|
cereais/froitos
secos+bebida
|
bocata
+bebida
|
froita
+bebida
|
libre
|
(iogur, queixo…)
|
(galletas, tortas de
millo, froitos secos, barriñas de cereais…)
|
|
|
|
Bebida: auga, zume, leite, iogur de beber…
Cada neno/a terá que traer unha servilleta (serve de
papel).
·
Cumpreanos:
para a celebración dos cumpreanos na clase gustaríame que non lles enviárades
paquetes de chuches, nin gusanitos, nin caramelos…, senón por exemplo algo
feito por vós con eles na casa como un biscoito para compartir ese día cos
compañeiros. O día que teñemos cumpreanos avisareivos para que non lles
enviedes a merenda habitual.
·
Horario:
como xa sabedes, ademais do traballo dos contidos que nos marca a lexislación, e
os nosos proxectos, realizamos actividades doutras áreas como inglés, música,
psicomotricidade, relixión e novas tecnoloxías. Terán inglés os luns e mércores(a
mestra seguirá sendo Ana), psicomotricidade os martes e venres (polo que terán
que vir en chándal), música os xoves, relixión os venres e o uso dos
ordenadores e outros será diario.
Calqueira
pregunta que teñades resolverémola o día da reunión e non dubidedes en comentar
as vosas inquedanzas.